Acompaña a Lupas e Nanai neste libro repleto de humor e disparatadas sorpresas.
O lobo conta coa súa imaxinación e as súas estrañas lupas; a xirafa, coa súa intelixencia e a súa audacia.
Xuntos desentrañarán este misterio no sur, un misterio repentino, moi mariño e moi pingüín.
Unha illa habitada por lobos, un faro rodeado de xeo, un ñu que tenta cruzar a Antártida e un pingüín que quere cruzar as patas...
Onde pode suceder un misterio así? Ao sur, moi ao sur.